Aseguran que este apelido
ten a súa orixe na fazaña dun tal Pedro Ruíz, quen na batalla das Navas de
Tolosa ocorréuselle coller uns feixes de sarmentos e repartilos entre os seus
homes, para que, acendéndoos como fachas os usasen para queimar os almacéns de
víveres e material bélico dos mouros, co que estes, sen vituallas e equipamento
víronse abocados a unha pronta rendición. E tal cousa valeulle o alcume de
Sarmento, que logo sería o seu apelido e orixe da liñaxe que ten por escudo
sobre campo vermello trece arruelas douradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario