Din que foi aló polo ano 715, cando un
cabaleiro galego, para defenderse dos mouros que o atacaban, quixo enganalos
enfrontándose a eles con simples paos, o cal os inimigos tomaron como unha vitoria
adiantada, e correron cos seus alfanxes a cortar paos e cabezas, pero a
realidade era que cada vez que golpeaban naqueles paos gafábase o alfanxe, e
pasmábanse os feros agresores, que non podía ser que houbese madeira tan dura
como aquela, e pensaron se sería maxia desta terra de bruxas e meigas, porque
aínda lles custou entender que aquilo só era a cubrición duns ferros temperados
a lume de carballo. Co que os mouros acabaron por desistir e deixar a empresa
para outro tempo. Daí que as estacas sobre campo verde sexa o símbolo daquel
señor que tomou por apelido o de Quiroga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario