Cando o rei de Tesalia quedou viúvo, volveu
casar, pero o reino sufriu unha tempada de fames e crises polos que os augures,
tratando de encontrar un culpable, convenceron á nova raíña (ou a raíña ós
augures) de que todo era culpa dos fillos do primeiro matrimonio do seu esposo,
de Frixo e Hele, a quen era necesario sacrificar para satisfacer ós deuses e
que a fortuna volvese ó reino.
Pero entón aparece Hermes en escena para
salvar ós nenos dándolles un carneiro alado, cuxa la era de fíos de ouro e
dotado do don da palabra. Os nenos co año como guía fóronse do pazo real e
salvaron a vida, pero a desgracia fixo que durante a fuxida, Hele caese ó mar e
afogase, no lugar que logo se chamará o Helosponto ou mar de Hele. O irmán,
Fixo, seguiu viaxe e acabou chegando ó reino de Cólquida, onde o rei,
apreciando a bo ser e estar do rapaz, casouno coa súa filla Calcíope, e en
agradecemento ó ben acollido que foi, o noivo sacrificou o año e ofrécelle o
vélaro de ouro ó seu sogro, que llo consagrou a Ares colgándoo dunha aciñeira
baixo o coidado dun descomunal dragón.
Logo os argonautas que van a buscalo e toda
aquela historia chea de riscos e aventuras será posterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario