Esta é unha cadeira das chamadas de tesoira,
que se colocan nas bestas para que monten as mulleres, con respaldo e
pousabrazos, xa que era imposible, por modas do vestir, que as mulleres
montasen ás cachapernas.
Pero tamén traemos este tipo de cadeira por
ese símbolo ou rosácea que amosa no lateral e que tanto se repite na simboloxía
galega (négome a chamarlle celta como aparece nalgunhas publicacións). Unha
rosácea que xa temos visto non só en hórreos e xugos, senón tamén nas portas
das igrexas, como representación do cosmos, ou, se se quere, talvez como
representación de Cristo como centro do universo.
Nesta outra, talvez un pouco máis elaborada
con respecto ós elementos que lle aportan comodidade á usuaria, o símbolo
cosmolóxico foi trocado polas iniciais da propietaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario