Raptado por uns piratas na Bretaña, foi
vendido como escravo en Irlanda, pero tivo a boa sorte de fuxir e volver á súa
terra onde se formou como sacerdote, e entón, aló polo ano 432, volveu a
Irlanda para explicar o evanxeo e dar a versión máis clara coñecida do misterio
da Santísima Trindade comparándoa cun trevo de tres follas: tres follas
distintas pero unha soa planta. A el tamén se lle debe que non haxa cobras en
Irlanda, que as expulsou como se expulsa o pecado dos corpos impuros.
Os Irlandeses festéxano cada dezasete de
marzo tinxindo todo de cor verde. Roupas, augas e rúas ese día teñen unha única cor.
E diremos que aínda que se considera a este
santo como o primeiro bispo de Irlanda, realmente el foi a substituír ó
primeiro bispo irlandés que se chamaba Paladio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario