En marzo naceu todo, naceu
Roma e nacía o ano ata que se reformou o calendario con Xulio César no 46 a. C.
A primeiros de Marzo foron xerados Rómulo e Remo e cara o vinte e cinco
naceron. En Marzo fundouse Roma e en Marzo foi xerado Xesús no corpo da Virxe
María. En Marzo nace a vida nos campos e florece a primavera, aínda que o refrán advirte "gomo de marzo non vai ó cabazo". Era o mes no que saían os exércitos e empezaban as campañas marítimas no mundo
antigo, pero antes invocaban ós deuses protectores e ás deidades romanas. E por
iso tal vez, o primeiro de marzo é unha data en que se veneran ós santos
autóctonos como a san Rosendo en Celanova, pero tamén é a data que,
antigamente, se poñía baixo a advocación do Anxo da Garda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario