Os mangos
Como
no inverno din que a sabia da madeira dorme e é máis doado cortar as árbores
que logo se usarán para facer distintos utensilios, supoñemos que a esta altura do ano todos temos a materia prima preparada para reparar ou facer os aparellos de uso cotián, e como tamén acabamos de
pasar o tempo da poda aínda hai alguén que se retrasou na mesma, e outros que
agardan a non sei que, imos dar aquí uns consellos sobre o uso das distintas
madeiras segundo a opinión e consello que nos brinda o señor Basilio Varela de
Loroxo, quen sempre usou para mango dos fouciños o pino, e para os dos sachos
que ten a forma da pa redondeada o salgueiro e a abelá, para as forquitas, de
tres ou catro dentes que se usan para cargar a herba tamén chamada galleta ou
gallete, o bieiteiro que non machaca as mans, para o ranqueiro de dous gallos o
espiño, que é duro e podes facer máis forza, e para a legón ou legoña que ten a
pá acabado en punta o pexegueiro, que dá unhas varas moi feitiñas e xeitosas, e
que por ser árbore froiteira, se non se aproveitaba dunha poda, os rapaces (e
nunca os maiores) ían roubala nas hortas, aínda que fose ó pexegueiro do señor
cura. Non exactamente iso que os antropólogos chaman roubo ritual, pero si roubo exculpatorio.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarFalando de madeiras:
ResponderEliminarSe ques que o teu carro cante
meu irmanciño Manueliño
bótalle o eixo de cereixo
e as troiteiras de sanguiño.