mércores, 4 de marzo de 2015

SILENCIO E TARDE



Por Pura Tejelo
                                                                               Ilustración de Lola Fernández


Deitada no chan como unha montaña
O sol ponse
no meu rostro
e esvarando polo meu corpo
eu son o Poñente.
Despois, a  man pérdese na herba
e eslúese toda en sombras.

Hai un soño que quixera  esvaerse
todo en min
que me envolve
até me xunguir coa poeira  da  tarde.

Unha  manchea de arelas
que se desintegran no silencio
lembranzas
que dormen unha sesta infinda.
            (De Diálogo da Montaña e o Sol)

Ningún comentario:

Publicar un comentario