luns, 2 de marzo de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




                        Paréseme a mín que vos hai por aí dous tipos de insensibilidade: un, leve, que eu dei en chamar aí atrás mariconería; outro, ghrave, antisosial, que expresa un non importarse dos demáis, ambos cos seus graos. E que quede claro que eu non me boto de fora…
Cando digho mariconería ou mariconaxe, non estou falando desa sensibilidade aghuda duns homes, nin do amaneramento de alghúns outros… e menos de orientasión sexual ninghunha; pola contra, estoume referindo a serto travestismo condutual, pode que máis pululante no medio urbano: trataríase entón dunha actitude frívola, dun xeito de ser e estar entre o cursi e o afectado, o pedante e o trivial, entre o chabacano e o exibisionista, o nesio e o vacuo ou valeiro, con moito de caricaturesco de si mesmo, a resaltar o lado máis parvo do ser humano que somos. Vexamos uns poucos exemplos…
No campo do leve, que é este que tentei definir, situaría os bolsos xighantescos das mulleres (onde vai máis material inútil que útil, este último difísil de atopar),  semellante ás maletas finchadas (por esa nesesidade de se  cambiaren a toda hora); xighantismo que, por disir algho, entorpese atopar o moedeiro, causando demoras, co que xa entramos no ghrupo da insensibilidade sosial (cara aos que están na cola).
Leve é vivir pendente do selular ou móbil (mesmo en lughares onde non está permitido), pior cando, pondo en risco a propia integhridade, se utilisa pola rua (o que tamén acontese cos auriculares, a minorar o ouvido); leve son os desfiles de moda (de ambos sexos) e ese camiñar que adoptan as desfilantes; menos leve, acho, son os concursos de misses (e místers), como leve é o ghlamur das alfombras vermelhas e todo o que rodea o mundo das estrelas de sine (que nada ten que ver coa arte). Como leve, menos leve, é a histeria cos cantantes e outros ídolos. Leve sería o servilismo de mulleres e metrosexuais coa moda de turno: os peiteados ou despeiteados, os pins, as tatuaxes, ou aqueles fondillos baixos dos rapases e eses calsonsillos altos.

Leve paresería ese tratamento baboso dos cans (e dívolo un afeisoado aos animais), deixando nas aseras o seu sorollame, ou ostentando cans que non paresen tales (por crusas noxentas, meus coitados!); por descontado que é mellor isto que o ghravísimo do desleixo cara ao animal cando é obxecto de ansestrais costumes torturadores.
Ghrave mesmo é cando o individuo bota no chan público o que desbota; ou os siclistas (e os motosiclistas!) “de asera”, e automovilistas que deixan o coche atravesado nela, ou levan a todo volume os altavoses, ou, case ghrave, aberto o cano de escape de motos e coches (a deitaren ruido e fumes sinistros)… ou o fumador que impón o seu visio ou droghodependensia aos que o arrodean…
Todo, particularmente a crueldade cos animais, lévanos á sesghada criasión do neno varón (que pode ser cruel cos mesmos conxéneres da sua curta idade); como a frivolidade, pola sua banda, tamén é fomentada na nena desde ben pequena…
Ora, non será todo o anterior ou parte do antedito a visión trasnoitada dun que vai para vello e non se déu adaptado ao mundo actual? Quen sabe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario