sábado, 14 de marzo de 2015

San Lonxinos



          Xa ten mérito rezarlle a un santo de quen non se sabe quen é, pois segundo a haxiografía consultada, tanto pode ser o centurión que recoñeceu a Xesús dicindo que realmente aquel tiña que ser o Fillo de Deus, outro din que foi o soldado que lle cravou a lanza no costado e logo se arrepentiu, e os terceiros que foi o xefe do piquete que ficou custodiando o sepulcro.
Por non saber non sabemos se realmente era este o seu nome, pois a única cita que se fai del (ou dalguén cun nome parecido) é no evanxeo apócrifo de Nicodemo.
Sexa quen fose realmente, que ata poida que fosen os tres en distintas partes da súa vida, unha vez arrepentido seguiu ós apóstolos e predicou a palabra de Xesús na Capadocia, onde morre. Os seus restos, na actualidade, andas por media Europa, e hoxe é venerado e invocado contra as feridas de arma branca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario