Por
Ahcorb Adrog
Wang Guangyi naceu en plena revolución
cultural china e medrou durante a carreira armamentística que poñía nerviosos
ós países occidentais, ata o punto de que nas escolas ensinábaselles ós nenos
como habían de protexerse en caso de bombardeo. E esas lembranzas e ese mundo
no que foi educado vai pesar nel a través de toda a súa obra.
Pero hoxe fixámonos neses enreixados que ás
veces pon diante dos retratos ou das composicións, unhas veces cheas de
realismo e outras moi próximas ó surrealismo, esas cuadriculas que parecen
encerrar as figuras, e sobre as que se ten dito de todo, desde que era una
maneira de meter no cárcere a algúns líderes ata xustificalas como un truco do
pintor para copiar retratos. Sen embargo, eu quedo cunha frase que me parece do
máis exacto a este respecto: Nada separa máis a dúas persoas ca un enreixado. Tal vez por iso Wang separa ó espectador con
esas cuadrículas, para marcar a diferencia entre o mundo real (o espectador) e
o ficticio (a pintura), pero tamén para marcar o arredado que está o líder do
seu pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario