Dúas ruliñas namoradas, as cabeciñas xuntas, o peteiro
ocupado nalgún froito do seu paraíso. As rulas sempre foron o símbolo do amor e
da fidelidade, porque se supón que a parella de rulas nunca se divorcia nin se
enganan entre si.
¿Que estas da foto poden ser pombas?. Pois tamén, á fin
ambas son da familia. Como poden ser outro tipo de aves, e incluso, como non se lle ve peteiro algúns dirán que son monstros, pero para min (perdoen os puristas) son ruliñas humanizadas, esas que cando se fan as beiras danzan no ceo con estrondoso bater de
ás, que acotío vexo pousadas nunha póla, as dúas namoradas, pegadiñas e
cariñosas coa cabeza rozándose, contándose cousiñas, como se ningunha forza do mundo puidera
endexamais arredalas, nesa pose tan amorosa que ata forma un corazón.
E por esta fidelidade amosada, elas foron escollidas pola
igrexa como símbolo da unión dos fieis, de perpetua lealdade, pero tamén para
exemplificar ós matrimonios e que non se traizoen.
¿Entendedes ruliñas e ruliños?
Ningún comentario:
Publicar un comentario