sábado, 21 de novembro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA



Prometera eu ser un chisco menos criticón ou amargho, mais isto, á vista do que no mundo acontese, nin é posíbel nin sería ético. Cómo as relixións (e permitídeme que insista neste tópico) lle comen o coco ás xentes! Cómo se converten en verdadeiros insitadores de maldade! O título dos versos satánicos –que nunca lin- parese darnos a rasón.

A gherra santa (gherra en si ou inquisisión na pas) que hai mil anos e ata catrosentos atrás fasían os autochamados cristiáns (máis tarde travestidos em católicos)… aghora fanno os musulmáns fanatisados. E parésennos máis crueis estes que aqueles porque os estamos suportando nós case en directo –aos antighos somente os coñesemos polos libros- e tamén porque teñen armas de destrusión masiva… a exemplo das bombas ianquis de hai setenta anos.

E o que faltará por vir… E é que todo imperialismo (chámese monroismo ou sionismo) ten, antes ou despóis estas horríbeis consecuensias. O imperialismo é a cobisa dos políticos como o capitalismo selvaxe a é dos comersiantes e industriais. A ambisión sin medida é a que o apodrese todo. E así foi desde os imperios prehistóricos ata os de hoxe… pasando polos romanos –que hoxe nos semellan tan benéficos-, os otomanos, os europeos –españois, portugheses, holando-belghas, inghleses…-, ou os euroasiáticos rusos, como os chineses alá lonxe e desde séculos atrás, ou os americanos USA tan perto noso.

Ollade se non as Américas divididas arbitrariamente por riba dos pobos nativos, criando países artifisiais, simple antesedente das Áfricas e das Asias multiétnicas e concretamente o chamado Medioriente (berse que foi da nosa sivilisasión, hoxendía con trasas de ser a tumba da mesma), que desfeita meuhome!

Terá isto fin alghún dia? Dá para pensar que non: ainda deixando ou esquesendo o daño irreparábel xa feito –exemplo ben próximo témolo na gherra española-, será posíbel empesar a arranxar o mundo a partir de aghora? Acho que non, santiños.

Disque a fame vai remitindo: será serto? Mais non parese diminuir a explotasión infantil –laboral e sexual-, un cancro cabal. Nin os abusos coa muller –ablasión física e moral por aí adiante, trata e inferioridade laboral mesmamente entre nós… Ambas realidades herdadas daquelas escravitudes ou escravaturas rasistas dantano, exersidas sen rubor por ditos cristiáns… Queredes máis?

Voltando ao comeso: qué nos pode estrañar da comedura de coco sitada… practicada sobre seres ignorantes ou inxenuos alusinados… se a nós, supostamente evolusionados, nos están fasendo ighual os que nos aconsellan un dia e nos desaconsellan ao seghinte comer isto ou aquilo… tan obsecuentes eles cos fabricantes de medisinas que controlan os presios ou cos donos do petróleo que combaten as enerxías limpas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario