Por Pura Tejelo
Lola Fernández |
Observa os días do
verán intensos
coas súas horas
cortadas pola metade
roupas flotantes de
almidón
como nas das
damas de antano enaguas
colmadas
polas que danza o
airiño das lilas.
Os sables velan
o soño nun peito que
alenta
ao outro lado da parede,
nun pulso de minutos.
Nos caixóns secretos da cómoda
as tías novas enrolan cartas con citas de amor
e a promesa
feita no coral salvaxe dunha
gargantilla.
É o momento no que ao corazón dá en contemplar
a paisaxe
dun vello retrato
que se torna sepia co paso das horas.
Bos días, era unha pregunta á ilustradora, Lola Fernández, que sempre ten o debuxo tan adecuado ao texto e tanto gustan. Querería preguntalle qué tecnica utiliza neste que hoxe nos ofrece, porque parece distinto dos anteriores. Gracias.
ResponderEliminarGraciñas polo comentario sobre os debuxos. Este fíxeno con tinta e guache, outros con acuarela, grafito, pastel ou tinta.
Eliminar