cola ou bicha |
Se estraños (cáseque marsianos) se me fighuran os homes e
as mulleres fighuríns de que vos falei noutra volta, tamén sonme
incomprensíbeis os fanáticos de sertos conxuntos ou solistas musicáis que poden
botar horas en interminábeis colas ou bichas para conseghiren unha (ou varias)
entradas ao espectáculo de turno: será que este coiote solitario nunca moi
festeiro foi e un outro pouco comodón que é? Pero é que un valora, sopesa e
repensa as cousas e actúa seghundo lle pide o corpo.
A verdade que sempre é mellor que os rapases (e non tan
rapases) se enghaiolen coa música (por máis deplorábel que ela for) a que anden
por aí sen saberen que faser e entón se dediquen a faser ghamberradas ou pior
que ghamberradas, por aquilo de que a música amansa as feras e todos nós, uns
máis outros menos, a fera levámola máis o menos aghochada, pero vaia se a
levamos…
touro masacrado |
Aghora que un non pode deixar de pensar no papel adormesedor
que estas afeisóns xoghan na xente, que mesmo chegha a endebedarse ou comer
menos con tal de paghar para ver ao seu ídolo. É que o sirco romano déu paso á
relixión e outras catarses como as touradas ou o fútebol… sen que eu pretenda
meter a todos estes feitos no mesmo saco… pero co balompé pasa o mesmo que cos
cantantes e cantautores, que non dan esquivado o neghosio e a hiperespeculasión
que todo o corrompen, miñamadriña!
Por iso sempre é preferíbel, en falando de corrupsión, a
inexperiensia dos novos políticos –carne fresca- que a experiensia corrupta dos
vellos –carne podre. Moito me amola cando alghén non apresia a priori
determinadas expresións artísticas por estaren en mans de nomes descoñesidos:
ou é que todos empesaron xa adeprendidos nas artes e na política, meurrei?
Dádelle a uns e outros a oportunidade para se formaren, carafio!
E falando das touradas e demáis espectáculos bárbaros
carpetovetónicos: os seus adoradores din que os defensores dos animais logho
van e se poñen morados de chourisos, orella, xamón ou churrasco e tenreira
asada: vaites! Nen todos fan tal (pois hai moito maximalista vexetariano ou
veghano), nen imos comparar: aqueles torturan e matan por praser e estes matan
(fan matar, e daí tamén lles chaman hipócritas!) sen dor e para comeren… como
fai todo ser vivinte na naturesa (selvaxe ou urbana, neste caso).
Serto é tamén que un come do bicho anónimo e xamáis
comería do animaliño criado na casa que pasa a formar parte da familia, como
quen di: e se non perghuntádelle aos nenos que ighual teñen un rancho que un
año que un can que un pito como mascota…
Ningún comentario:
Publicar un comentario