sábado, 14 de novembro de 2015

Os alarbios




Esa especie de ogros, galopíns, devoradores de todo o que atopan e teñen a man forman parte do noso imaxinario desde tempos antigos. No Románico xa o Mestre Mateo os representou no lado do inferno, no Pórtico da Gloria, condenados a ter e non disfrutar daquilo que eles máis querían na vida, pero tamén a literatura oral nos fornece de historias sobre estas figuras que, máis ca grotescas son temibles, como aquela historia de dúas peregrinas que desde a Barbanza ían camiño de Teixido. Unha historia de múltiples lecturas.
            Asemade, nesta igrexa de Portomarín hai un alarbio, feo e fero devorando un ser de aparencia máis pura, como advertencia de que nos camiños da vida, non son os lobos o peor senón os malvados seres que con aparencia humana devoran a humanidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario