A pesar de que os centauros nunca usaron arco e frechas,
é moi común asimilar ó Saxitario co centauro Quirón, fillo de Cronos, experto
en música e medicina, e titor dos grandes heroes como forón Aquiles ou Xasón e
do médico Asclepio. E a razón de que fose medio home e medio cabalo está en que
cando seu pai viu a Filira e quixo seducila, esta por escapar do acoso
converteuse en egua, pero o outro, xa cego de desexo, non reparou en formas e
da unión naceu este que, contrariamente a todos os da súa especie, era un
centauro bo, que inventou dúas cousas moi importantes: as frechas e o aplauso.
Foron moitas as súas fazañas e moitas máis as súas
virtudes, pero certo día, cando Hércules loitaba contra os seus conxéneres (que
non eran tan boas persoas como Quirón), o heroe fortachón infectou unha frecha
co sangue da Hidra e ó disparala cravouse en Quirón, que, coa dor que tiña,
decidiu ceder a inmortalidade que lle correspondía por ser fillo da divindade,
a Prometeo, para quen, por certo, a vida eterna foi máis unha tortura ca un
ben.
E Zeus, magnánimo como algunha veces era, decidiu
ascendelo ós ceos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario