Os peixes non son parvos, e cando procuran comida, mellor
que sexa fresca. Certo que ás veces as luras e os chopos ata se botan a
cousiñas de cor, gulosos que son eles, e as xardas, verdeis rinchas e outros
polo estilo, andan sempre tan famentas que ata se botan á bica ou anzol nu, sen
nada de carne que os cubra. Pero polo xeral os peixes non son parvos, e como a
calquera de nós, onde haxa carne fresca que se aparte o conxelado.
Así é que os pescadores, procuran manter a carnada viva,
as miñocas entre argazos e area e os pateiros e camaróns en nasas moi tupidas
ou en viveiros coma este, da parte de Muxía, con pequenos buratos, para que
circule a auga, que se deixa somerxido, pero de onde non pode fuxir o becho que
se vai usar para pescar.
Polo xeral este tipo de viveiros son caixas cadradas, daí
a singularidade deste que amosamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario