Non
sei por que me tivo que tocar andar estes días de frío pola montaña, onde
sempre se agradece unha cunca de caldo cando chamas a unha porta. E se ben
certo é iso de “tal terra andar tal pan
manxar”, tamén hei dicir que nunca lle puxen mala cara a unha boa tallada,
outra cousa é andar pola neve que me sorprendeu. Pero tamén aquí, nestas terras
de Cervantes, para iso hai recursos para facilitar a andaina, e amósanme os
marañois que tanto me lembran a aquel exemplo que nos poñía o profesor de física
cando nos falaba da presión en relación coa superficie e a forza, e acababa
razonando por que as mulleres non poden usar zapatos de tacón na praia. Nin na
praia nin na neve. En todos os documentais sobre os pobos nórdicos aparecen esas
raquetas, que atadas ós zapatos serven para aumentar a superficie de contacto
sobre a neve e facilitar así a andaina sen se cravar como se andásemos con
zapatos de tacón na praia.
Os
marañois veñen sendo as raquetas para a neve que se usan nas nosas montañas. A
eles átase o zapato, os zoques ou as galochas, e así o pé está quente e o paso é
máis doado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario