por Pepe
de Rocaforte
As Torres |
No concello de Oleiros, cunha
situación xeográfica privilexiada, cóidase de xeito moi aceptable a calidade
de vida dos veciños. Abondan os espacios verdes de dominio público, parques,
xardíns, prazas, instalacións deportivas, piscinas, ximnasios, etc. E tamén as
de tipo cultural.
Entre estas últimas destacaría o
Museo dos Oleiros, na localidade de Santa Cruz de Liáns, “un pequeno museo”,
dise na páxina web de Turgalicia, “situado no pazo As Torres. A colección
provén dos fondos privados achegados polo matrimonio José María Kaydeda e
Teresa Jorge, coleccionistas afeccionados ao traballo de olaría”.
Cerámica de Niñodaguia |
Santa Cruz de Liáns conta con tantos
atractivos paisaxísticos e hosteleiros, que pouca xente da que visita o lugar
lle dedica unha parte do seu tempo a facer un percorrido por este museo situado
nas Torres de Santa Cruz, a pouco máis de trescentos metros da illa onde se
encontra o supervisitado Castelo.
Alí pódense ver olarías de Buño, de
Niñodaguia (Ourense), Bonxe e Gundivós (Lugo), Bailén, Lucena, Úbeda, Coimbra e
moitas outras localidades de toda a península. Todo eso gracias á doazón feita
por José María Kaydeda da súa colección, considerada entre as mellores e máis
completas de España.
Por certo, para quen queira saber
algo máis sobre Kaydeda recoméndolle esta interesante dirección en internet, pinchando Aquí.
E
despois achegarse a Santa Cruz para visitar o Museo dos Oleiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario