Non vos asustedes. Non estamos nunha carnicería. Estamos
nunha capela abandonada, e iso que vedes aí non é máis que a moeda con que os
fieis mercaban o favor do santo, que xa nin os cregos aproveitan.
Aí, pendurados da trabe están os
exvotos que os fieis ofreceron nalgún día, pernas, brazos e ata caras feitas de
cera, coa esperanza de curar dalgún maliño, que logo da festa se refundía e
volvían a servir para as ofrendas doutros devotos noutra ocasión. A cera tiña,
gracias á fe máis valor co ouro, porque cada peza que se mercaba volvía ó lugar
de onde saíra, e logo de refundida volvíase a vender para que os ofrecido a
deixasen onde se mercara. ¿Pode alguén imaxinarse cantas veces se podía
revender un quilo de cera sen saír da tenda?, ¿ou cantos pés, brazos ou mans
curou o santo con este pago?. Con estes exvotos podemos dicir que a esperanza
non ten prezo.
Dicir, para quen teña a curiosidade,
que estes exvotos, están nunha capeliña abandonada na montaña luguesa, baixo a
advocación de san Roque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario