Hoxe
andamos por Berdoias, na provincia da Coruña, fronte a este hórreo exento de
adornos simbólicos, de tornarratos pouco elaborados, que incluso se aproveitan como pedra soporte para o resto da construcción, e doutros elementos que podemos ver nos hórreos
de postal, pero cumpre co seu deber de manter o froito seco, illado da terra,
aireado, sen alardes de cantería de pedra labrada, pero si coa arte de encontrar
o punto de apoio de cada pedra para manterse rexo durante anos, incluso sen
necesidade de sistemas de pegamento entre as pedras que o forman, senón pedriñas incrustadas para manter o equilibrio, aínda que
nesta foto semella que os pés xa van cedendo como vellos cansos de levar a vida
ó lombo. É á fin o tipo de hórreos que se ven nesta parte do país, e como
sabemos, en cada bisbarra teñen o seu estilo, o seu medio e as súas
necesidades.
Paréceme de unha beleza incrible este hórreo tan primitivo.
ResponderEliminar