.jpg)
Á
marxe das novas interpretacións que estamos vendo no noso país, que teñen máis
de importación que de tradición, o Samain era unha celebración que coincidía
con este primeiro de novembro, e cando as distintas tribos celebraban as súas
asembleas e comidas rituais, lembrando as lendas asociadas a tal festexo, tal a
do heroe que, en chegando esta data fica inmóbil durante todo o inverno,
agardando a chegada do verán para volver á actividade, ou a do rei que pasa o
inverno na completa ignorancia, ata que vén o verán. Lendas que á fin, nos
falan da
inactividade da vida, da natureza que agarda ó medre dos días para
volver a florecer, e que no fondo gardan esa relación simbólica co Achadego de Osiris, e asemade coa nosa
celebración da Festa de Todos os Santos e Fieis Difuntos, que fala da esperanza
dunha nova vida tras a morte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario