Esta
é a santa filósofa que, discutindo cos xuíces que a condenaron por profesar a
fe de Cristo, a todos rebateu con sólidos argumentos, e por iso os pais da
Igrexa a tomaron como patroa dos filósofos, notarios e oradores.
Como
non portaba polas ordes que os xuíces lle daban nin se amosaba submisa con
eles, nin lles facía caso con respecto a que deus había de render culto, indo
incluso contra as mesmas leis do imperio, foi torturada poñéndoa no medio
dunhas rodas armadas de coitelas, co fin de que estas, ó rodar, fosen
magoándolle o corpo, pero no mesmo intre en que as puxeron a funcionar, un anxo
baixou do ceo, e escangallounas antes de que tocasen a súa pel, por iso
finalmente optaron por decapitala, e tamén por iso, na súa simboloxía, ademais
da roda ten unha espada.
De
todas maneiras, o neno que con tal virtude nace, xa antes estando no ventre da
nai, se manifesta, falando e aconsellándoa desde a barriga, e a nai que tal
cousa sabe, ha de manter o secreto ata que o neno naza, senón malograse o
embarazo.
Así
pois, os que teñades meniños, mirádelle o ceo do padal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario