O que
cambiou o mundo nestes últimos oitosentos anos! Daquela, ben me lembro, andabamos
a nos anotar nas listaxes dos que iamos ás Crusadas; hoxe dásenos por ir nos
cruseiros…
Iso si,
se observamos que daquela o inimigho para os europeos era o Islam, e hoxe o
Islam –serto Islam dexenerado, que se cadra nin Islam é- torna a ser o
inimigho: qué pouco cambiou o mundo, contradíghome a min propio!
Pero o
obxectivo, claro, non é o mesmo. A chamada Terra Santa, que por entón se quería
“recuperar” para o catolisismo –imperialistas fracasados, que diría o noso Ghieiro-,
hoxe é compartida por tres crensas –ou comenensias- que se levan a matar: qué
cousa desaghradable de vez!
E, en
lughar de faseren crusadas, os cristiáns así chamados deberan crusarse,
mesturarse cos outros e formaren una relixión tripartita, como fan os políticos
por veses cos partidos cando non dan acadado o número nesesario para influir na
marcha do país.
Pasando
a un tema máis ghrato, pois, o de cruseiro ven sendo o xeito abreviado de
disirmos navíos de cruseiro, barcos que crusan mares diversos.
Outro
cruseiro é o Cruseiro do Sul (a Cruz del Sur en español), que simbolisa o
hemisferio ídem e que, amáis de estar en bandeira e escudo brasileiros e máis
no escudo do Mercosul, cheghou a denominar a moeda do Brasil… ata que lles déu
por sustituila polo real: para min que lle marraron á perdís, non me dighades
que non baixou de categhoría, de cruseiro a real…
Ora, con
isto dos nomes, haivos moito para roer: se repararmos en sertas sighlas,
meudéus! Haivos en México un orghanismo que lle chaman CONACULTA (que ven sendo
o Consejo Nacional para la Cultura y las
Artes!) e no Urughuai unha empresa houbo disque lle chamaban PAYLANA (de
Paysandú Lanera, Paysandú, dinme, é unha provinsia daquela lonxana terra)…xa me
diredes…
Por iso, moito hai que se calar cando
cambias de país: que mo dighan a min, que son tan viaxado… Cánta pata levo
metida ou tería que disir cánta boca tiven que calar, meter a línghua no peto…
despóis de virárseme vermello o fusiño…
E tamén por iso habería que recriar
aquel colectivo que houbo nun lughar desarborado, cuxo nome non podo lembrar,
que foi coñesido no seu tempo por LOS AMIGOS DE LOS ÁRBOLES…
Xa, xa, estaredes pensando: a qué ven
isto aghora? Pois direivos que, como afimaba Einstein –ou era Aristóteles?-
todo ten que ver con todo nesta vidiña… Abur!
Ningún comentario:
Publicar un comentario