xoves, 10 de setembro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Cómo os ofisios seghen a ser considerados menos que as profisións: xa a palabra marca a diferensia. E, sen embargho, aqueles son máis antighos que estas e se algho conta o aboengho... é o que acontese cos apelidos dos cristiáns: o Rodrighes, o simple e aparentemente proletario Rodrighes, évos ben máis antigho que o Raxoi (mal pronunsiado Raghoi), poño por caso... e é porque os chamados patronímicos (Ghonsales, Peres, Fernandes...) son nada menos que medievais, do que non se pode vanaghloriar o resto.

Debe ser que o moderno ten en si o prestixio do novidoso ou evoluido. Pero a min que non me dighan que un panadeiro non é tan admirable como un avoghado: se algho ten aquel de vantaxe sobre este é que o nesesitamos todos ou case todos os dias da vida, en tanto un leghuleio só cando nos discuten as lindes ou as herensias, que non é todos os dias. Claro é que se metedes a filosofía polo medio, un avoghado é nada menos que o herdeiro do ansián da tribo, pasando polo home bó medieval (que este xa se baseaba en leis escritas, mentres aquel apenas no dereito natural, no tradisional ou no sentido común), vamos, que case é un deleghado dos deuses, quedando o forneiro como un mortal muiñeiro espilido, que non só non se limita a vender a fariña, senón a prosesala en xeito de pan ou empanada, bola ou molete, e cantas máis variedades se vos ocurran.

E o carpinteiro? Cousa delicada, desde o que che fai unha casa ata o que che dá xeito ao berse do neno ou ao leito dos pais, a unha mesa de familia ou a un escritorio individual, etsétera, e isto sen chegharmos ao ebanista, que xa vos é a repera, e que me desides do carpinteiro de ribeira, que ghrasias a el naveghamos e pescamos. Non lle negho ao médico a sua valía, maismente cando nas suas mans (e por riba delas na sua cabesiña) está a nosa saúde ou a mesma vida: pouco aghradesemento pode haber maior cara a un semellante que que che salve a vida (a tua ou a dalghén querido), coa contracara do que non cha dá salvado ou, caso do chamado matasanos, cha quita directamente por fallo humano, que se di aghora.

Mais tampouco lle negho a abelensia ao construtor que, adiantándose no seu ofisio) ao arquitecto (na sua profisión) ven fasendo casas ou acobillos para tododiós desde tempos inmemoriais: é por outro nome, o albanel que inda hoxe fai coas mans o que o capatás lle ordena e dirixe, sendo el o que, a fin de contas, nos fai a vivenda na que nos refuxiamos do clima e do próximo.

Haivos outros ofisios -o/a pescadeiro/a, o/a carniseiro/a- que son complementarios dos primitivos (pescador ou matarife); mesmo aquel muiñeiro ou forneiro serían os complementos dos labradores do pan -millo, trigho, senteo...-, como os/as fruteiros/as o son dos hortelanos -froitas e leghumes a cachón; ou os xastres e modistas, xastras e modistos, con respecto ás teseláns... cando as había.

E o comersio ”de cabotaxe” que nos proporsiona o alimento e a roupa de cada dia?... como o comersio “de intercambio” nos importa todo xénero de produtos, presindibles ou indispensables. Comersio que tamén nos relasionou desde o comenso das eras con outros pobos... e que mesmo ten dado lughar a gherras.

Entre o moito que esquesín neste embrullo de ofisios, estaría o papeleiro -que empesou sendo perghamiñeiro- se surtindo da madeira e se relasionando co imprenteiro que, no nivel supremo do editor, nos surte de libros, obxectos que tanto marcaron e marcan as nosas vidas... sen esqueser os xornais, que tanto uso nos dan, desde o nobre de os ler ata o ínfimo de os usar de envoltorio... ou de papel hixiénico!

Cheghado aquí, venme á memoria o meu primo aquel, o parvo da vila, que, así como a sua muller lle fasía a compra por semana, pretendía, para aforrar esforso, comprar o domingho, dunha tacada, os xornais todos da semana... seghinte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario