domingo, 20 de setembro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




          Estas mulleriñas descadeirándose ou escadrisándose nos desfiles de moda! Cousa menos feminina non se pode dar. Eu diría que case que son levemente masculinas, que adoptaron uns duros andares ben lonxe do sedutor e dose curvilíneo do ideal feminino. O serto é que ultimamente paresería estarse abandonando tal xeito de camiñar, pouco xeitoso (corpiño xeitoso, que dixera o cantautor aquel), se cadra pendendo do deseñador de turno... un que sabe destes serellos...

Outra parvise que se adoita ollar nas reportaxes televisivas: as perghuntas á xente, entrevistas fughases, maiormente nestas sircunstansias: unha, cando hai catástrofes naturais ou indusidas (riadas, saraibadas, furacáns, queimas...); outra, cando se dá a tan frecuente violensia de xénero; outra, nos lughares de leser (praias sobre todo): entón prodúsese a típica resposta tópica ou peroghrullesca: para encher con valeirises (valla o paradoxo) os minutos da caixa parva.

A outra. Évos un xogho como calquera outro pillar o xornal (menos parvo mais tamén rotineiro e embotador do serebro) e dedicarse a conxughar verbos. Velaí unha mostra (tradusida) dun dia pasado:
Camela non actuará                                    Camela súmase
Inditex abre                                                    Inditex non actuará
O BNG critica                                                O BNG abre
O Consello derrubará                                  O Consello critica
Betansos acolle                                            Betansos derrubará
Os empresarios láianse                              Os empresarios acollen
Mar de Mares aneghará                              Mar de Mares láiase
A OSG toca                                                  A OSG aneghará
O PSOE local dilúe                                     O PSOE toca
A Cofradía denunsia                                    A Cofradía dilúe
Todos os visiños laméntanse                     Todos os visiños denunsian
O PP pide                                                    O PP laméntase
Máis dous colexios súmanse                     Máis dous colexios piden

Como vedes, eu seghín xoghando, seghundo o invento do Chico Buarque, puro divertimento, alteirando, na lista anterior, o orde dos verbos... e así susesivamente... Pois con estas frases manidas,  páxina tras páxina... pouca inventiva lle dedican aos titulares, abofé! Non é que haxa que inventar disfrasando, só habería que variar, que abrir o abano linghüístico, máis pobre cada dia... cadrando co empobresemento da línghua en xeral (ghalegha e castelá, toda línghua compre aclarar).

Outro exersisio que farei alghún dia, lisensa do xefe por diante, é o de colecsionar palabras que foron desaparesendo da fala coloquial, moitas delas hai ben poucos anos. Sería cousa de faser un repaso por xentes novas, usándoas amoreadas en frases... xa veríades como a mosallada ficaba pampa... ighual que ficamos nós, por veses, cando falan eles.

É como disía a miña ex, perdón, Ex, moi posta ela en cuestións aparentemente esensiais: tanto Cristo e tanto amor cristián (ata o punto de pór a outra meixela, que xa é pór!) e logho seghen atados e acoghotados á moa de muíño do antigho testamento, tan pouco misericordioso cos fulanos: non tiveron, naqueles tempos inventiveiros o que hai que ter para desembarasarse dun tocho xudéu histórico e/ou fantástico. Que debería bastar para abolir aquilo de lle atribuir á biblia a verdade absoluta, semellante á aqueloutra afirmasión supostamente prestixiante: Isto vai a misa! Vaites, vaites!

Ningún comentario:

Publicar un comentario