Libra ou a balanza, era o atributo que a deusa da xustiza
portaba, co fin de pesar as boas e as malas obras, e tal chegou a ser o poder
de tal instrumento, que o mesmo Xulio Cesar se ten feito representar portando a
balanza como símbolo do seu bo xuízo.
Pero é curioso que este símbolo, o único elemento
inanimado do zodíaco, cobra relevancia a finais de mes, ou se o preferides á metade do tempo zodiacal, coa figura de san
Miguel, o arcanxo a quen tamén se lle pon unha balanza nas mans para pesar as
obras boas e malas dos finados, para saber se van estar no ceo ou teñen que
sufrir a condena do inferno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario