mércores, 16 de setembro de 2015

O seu azul métese nas entrañas



Por Pura Tejelo

                                                       Mar azul, de Lola Fernández





Teñen un azul que se mete nas entrañas
.
Cando  sobe a  maré recollen  o sal do mesmo mar

                             onde  mergullan os  peixes que non voltan.



Saben  que calquera buque á túa beira  pode nun instante  ser un punto na distancia

 en liña recta.




Teñen ese ir de destino que os fai  abandonar a costa

e concentrase na gorxa do mar.

Cando cantan son coro profundo de voces que claman unha equipaxe perdida





O  seu desnudo  vístese

coas xoias do mar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario