Por Pepe
de Rocaforte
De esquerda a dereita: Ramón Cabanillas, Manuel Casás e
José Caamaño.
|
No
referente a lecturas, nestes días ou ben déixoas de lado, ou ben boto man dalgunha
que non requira excesivas doses de concentración ou non me pareza
particularmente interesante. Agarro entón calquera libro da morea dos que
esperan desde hai anos o momento de seren sacados do esquecemento e nesta
ocasión correspondeulle a quenda a “Forja de delincuentes”, de don José Caamaño
Bournacell.
Para
aforrar a consulta a Google direi, por se alguén non o sabe, que Caamaño
Bournacell naceu en Cambados en 1909 e morreu e Madrid en 1975. Foi
Inspector-Xefe do Corpo Xeral de Policía, membro da Academia Galega e autor de
varios traballos de investigación histórica e de tipo turístico como “Noya.
Guía histórico-turística” ou “Estampas de Cambados”.
“Forja
de delincuentes” é unha selección de artigos publicados na prensa, dos cales escollo
algunhas xoias que poden dar idea de por onde ían os tiros do bo de don José.
Así, no artigo titulado El ejemplo de la
“dolce vita”, explicando a iniciación na delincuencia dalgún deses rapaces
“descarriados”, comenta que ó seren detidos por primeira vez as súas respostas
ós interrogatorios, aparentemente, nada revelan: “Nunca estiveron presos nin
procesados, nin sufriron arrestos nin sancións gubernativas. Non militaron
en organizacións sindicais…”, etc.
No
titulado Rebeldía y delincuencia
dános unha axustada opinión “deses ídolos da música popular entre a xuventude,
cuxos nomes, “Os Escarabellos”, confirman por si mesmos ese gusto dexenerado,
rídiculo e repugnante” (Estase a referir ós Beatles naturalmente).
En Al borde del abismo trata do acceso da
muller ó mundo do traballo e explícanos que os países adiantados “admiten o
ingreso da muller na vida pública … sempre e cando se respeite a súa debilidade
característica”, aínda que nos prevén sobre o perigo que, co paso do tempo,
asexa ás mulleres traballadoras, xa que “polas circunstancias ambientais que
literalmente as envolven, desisten dos seus estudios e tamén dos seus
principios, e case sen se dar conta, da súa dignidade”.
En El banquete de la vida, prevennos contra
o “control artificial dos nacementos” (vai de eufemismos), “unha actitude que
encerra en si mesma a idea xenérica de homicidio ó malograr deliberadamente
unha vida que se iniciaba”.
Non sigo
porque me parece suficiente e estas liñas estánseme prolongando de máis. Pero
en resume ocórreseme pensar que xente con cultura e ideoloxía similar á de don
José Caamaño Bournacell continúa sendo actualmente máis abondosa do que poida
parecer, a pesar dos cincuenta anos transcorridos desde entón.
E tal
vez por eso así nos vai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario