Xusto
antes do Nadal, da noite en que se celebra o nacemento do Neno Xesús, do Mesias,
do Redentor da humanidade, o santoral sinálanos a dous santos que non foron
bautizados, pero si son recoñecidos como os pais da humanidade: Adán e Eva.
Nesta
noite nace a luz, en palabras do evanxelista san Xoán, a luz da vida, pero o
santoral, nese afán de lembrarnos a misión de Xesús como redentor e creador dun
mundo novo, lémbranos que vimos daqueles primeiros pais da humanidade, a partir
de quen descendemos todos, aínda que, nun principio non era esa a idea de Deus.
E
a pesar de que foron uns desobedientes, que comeron da árbore prohibida, e
foron expulsados do paraíso con espada flamíxera, hoxe están no ceo disfrutando
dos bens da Gloria, porque cando foron increpados, non protestaron e si
amosaron arrepentimento e submisión. E aceptaron o castigo de gañar o pan coa
suor da fronte e parir con dor.
Como
queira que sexa, grazas a aquela desobediencia estamos nós aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario