San Xerome entregándolle a Vulgata a san Dámaso |
Os arqueólogos teñen
a este papa por patrón por ser el quen se preocupou de restaurar as catacumbas
romanas e de restablecer o culto ós mártires.
Suponse que naceu na
Lusitania, e sábese que non era moi desexado para o papado, polo que tivo que
sufrir unha forte oposición durante a que foi acusado de todo, incluído o
asasinato e o adulterio, sen embargo, foi exculpado despois de que o exército
imperial o apoiase e lle facilitase o acceso á cadeira de Roma.
Ademais da
recuperación das catacumbas, a el débeselle a famosa oración de loubanza “Gloria
ó pai”, e que fose o papa que lle encargou a san Xerome a tradución da Biblia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario