Naceu este santo na
actual Turquía no século III, pero no século XI os seus restos foron
trasladados a Bari para que o seu sepulcro non quedase en territorio de
infieis.
Cóntase del que,
nunha época de grandes penurias, cando a fame e a necesidade facía aflorar o
canibalismo, soubo que un pousadeiro malvado e avarento, por non ter que
servirlle ós seus hóspedes, matou a tres rapaciños e tallounos con intención de
servilos guisados, pero o santo entrou na cociña e tras facer sobre o caldeiro
no que se atopaban convertidos en anacos o sinal da cruz, as crianzas
arrexuntaron os seus cachos e volveron á vida.
San Nicolás está
asociado ó santa Claus (Klaus) dos países nórdicos e a inspiración do Papá Noel dos galanos de
Nadal, en lembranza de cando, sabendo que unhas mozas de boa familia, por non
ter cartos para o dote e poder casar, se ían dedicar á prostitución, cada noite
deixáballes pola fiestra unha bolsa de diñeiro para evitarlles a deshonra, e
por iso tamén se representa con tres bolas douradas ou tres mazás.
As voltas que dan as lendas !.
ResponderEliminar