Nadal de frío
cordial, di o refrán, pero tamén que cando o Nadal nada é sinal de boa anada ou
que Nadal mollado trae xaneiro xeado.
Imos cara o
solsticio. A noite vence ó día e estes son cada vez máis curtos. Pero aínda
así, o almanaque, as festas e os festexos anímannos a pensar que iso das frías
noites longas axiña acabará. Os cabalos de Neptuno xa están a punto de ser
recibidos polo deus do mar e este cederallos a Apolo para que o sol volva ós
cumes do ceo con novos bríos. Son días de esperanza, de celebrar o vindeiro
medre das horas de sol. Os cristiáns co nacemento de Xesús e os romanos co
nacemento de Mitra, pero ata ese día, os santos cristiáns e os deuses clásicos
circularán polo almanaque anunciando ese agardado nacemento da luz e da vida
que acabará triunfando sobre as tebras, e a natureza revivirá tras o inverno.
Son días de lume aceso, de reunión con amigos e familiares, de camaradería, de
boa mesa e de moitos contos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario