luns, 7 de decembro de 2015

Pedras contra os raios



Ademais dos santos avogosos, refórzase o poder protector con elementos apotropaicos que teñen as máis peculiares xustificacións, como as chamadas Pedras do Raio e Pedras Cumiais, que é doado ver no cume das casas e das chemineas para algo máis que aguantar as tellas ou lousas dos tellados. E as máis apreciadas para cumprir esa función protectoras eran as machadas neolíticas e bifaces paleolíticas colocadas no máis alto da casa.
A razón de tal suposto está en que para os nosos paisanos, cando os raios caían na terra deixaban a punta solidificada en forma de pedra pulida, e dado que un raio non cae dúas veces no mesmo sitio, convertíase esta pedra en amuleto protector no cume das casas ou nas chemineas.
Se a maiores a pedra ten forma fusiforme ou fálica, serve como elemento apotropaico protector da casa e dos seus moradores contra o mal de ollo, e se por riba é branca, o poder de protección non ten prezo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario