O que son os paxaros,
as aves en xeral. Témolas idealisadas, como a tanto ser da naturesa: a
capasidade delas voar fasinando ao ser humano; e as formas e cores dalghunhas,
particularmente as tropicais; e máis os seus cantos diversos, alghúns tan
marabillosos como para embarghar durante
tres séculos a aquel monxe medieval …
Sem embargho, esas
plumas que cobren ou vesten as aves teñen porriba da de ornato a funsión de
abrighar … ighualmente copiadas ambas funsións polos homes e máismente polas mulleres
a se arrouparen con peles de animáis… a base de despelexaren as bestas suas
donas... porque todo, e tanto máis, copiamos de sempre dos animais irrasionais. É para non acabar: o radar
dos morseghos, as ás dos avións e o seu propio feitío aerodinámico, o ultrasón
dos arroases, o velcro de sertos vermes,
mesmo os soldados a reptaren… e cantos elementos ainda?
Ora, ollade para os
paxaros resén nados, acabados de saír do cascarón, concretamente os canarios
que eu teño visto décadas atrás: cousa máis fea, abofé, nus de toda nudés,
deixando en evidensia as suas desgharbadas formas de seres indefensos, fráxeis,
mesmo desaghradábeis de ver. Évos como as árbores resén podadas, exibindo os
muñóns das suas ponlas taladas, os tocóns que ninghén diría logho tornan a
renaser, a aghromar con cada primavera, como nos ten lembrado máis dun poeta.
Aves e prantas, unhas por si, outras pola acsión humana, vivendo nese vaivén de
plumas e follas, como as cobras mudando a pel ou os ghusanos convertidos en
borboletas, ou outros bechos cambiando a pelaxe aos poucos…
Logho falan do
servilismo canino, para sertas peroas vituperábel, ao punto de louvaren, como
contraste, a independensia ou o ser moi seu dos felinos. Paresen non caer en
que cada quen é cada quen. Se ben aquela mansedume ou sumisión a toda proba
pode repelernos, é porque pasamos o tempo todo comparando comportamentos
incomparábeis, ollando con perspectiva humana o que non é humano, anque case o
semelle.
O can, ese mellor
amigho do disir popular –que por veses se torna aghresivo ou perighoso- se
alghún atractivo ten é xustamente esa calificada como fidelidade ao seu dono… que
el debe considerar como seu pai e xefe, con ese sentido patriarcal tan animal e
cada volta advertido como menos digno do home, poisque é orixe do machismo
milenario que hoxendía non ten ou non debería ter cabida na sosiedade, tan
diferente daquela que xustificou o predominio do home forsudo no seu papel de
defensor da familia e ofensor dos que a atacaban, dos inimighos do clan.
Moito polas ponlas ou
ramas, ramallos ou ramóns me fun, ao ferver dos miolos e o correr da
conseghinte pluma, pluma de escribir pola que voltamos ao comenso avícola
destas reflexións baratas, no dia das eleisóns españolas que quen sabe que sorpresas
nos teñen deparado, esperemos que non desaghradábeis como os canarios
espeluxados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario