xoves, 10 de decembro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Entre os moitos topicasos que no mundo se dan, coido que o do liberalismo fransés é algho semellante ao do liberalismo coruñés: ambos vívenvos de rentas, o que de si deu aquel 1789, como o noso século seghinte! E isto esquensendo sistemáticamente as anteriores revolusións inghlesa e norteamericana, ben é serto que esta con influensia limitada ás Amérias, supoño.
Ven isto a conta dunha presentasión –ou póuerpoint- que por aí sircula, cunha asesa perorata en fransés, apoloxética dos ghrandes valores europeos, os da autochamada sivilisasión cristiana ou osidental. Como toda manifestasión ten verdades indiscutibles (a Europa acadou, como a Norteamérica anghlofransesa, enormes cotas de proghreso nas artes e nas siensias), pero é un caso máis de medias verdades. Ese tufo estremodireiteiro  que pulula polo manifesto todo, sabiamente adubiado con música triunfal, é na realidade unha soberbiosa declarasión xenófoba, seique seiturada en textos do defunto mesié Venner, que non pode convenser máis que a incautos inadvertidos ou pouco analisadores da Historia.

Aí cóntanse, outro topicaso, as bondades europeas a partir de Ghresia e Roma, de seltas e latinos… como se tivesen nado por xerasión espontánea, sen vínculo alghún con pretéritos máis recuados. Así, nin mensión ás sivilisasións asiáticas, logho helenisadas, e sendo o cacarexado cristianismo e seu pai o xudaísmo, relixións orientáis, á sua volta herdeiras de todas as asiatiqueses anteriores… e metendo no mesmo saco aos vellos creadores orientáis de cultura cos modernos árabes e xudeus dexenerados, estes co seu noxento sionismo de europeos trasplantados, que nada teñen de semitas, aqueles coa doble manifestasión, ighualmente noxenta, do terrorismo de uns e o despotismo dos xeques mediavaleiros de hoxe.
E menos recoñese o tal discurso a orixe étnica da Humanidade na África neghra, quitadaí, neno!
Claro é que, desde unha década atrás, nos veñen avisando do perigho musulmano, con tanta mesquita e tanta xentiña de raros costumes a nos invadir… (O turismo español, hai que disilo, vive en ghrande medida da arte arábigha case única en Europa). E claro que poden achar un terreo propisio á reacsión, porque a todos, ainda os que nos consideramos menos rasistas, hai hábitos que nos repunan, por exemplo, esa cubrisión asiática da muller acarón do seu europeisado home: ata que punto é voluntaria ou obrighada pola lei machista tal indumentaria extremamente ocultadora da persoa… que entre nós ten exemplos nas monxas católicas máis anticuadas ou nos mesmos capuchinos e confrades de semanasanta, etc., etc.

Unha ves máis compre atopar o difísil equilibrio entre o respecto á diversidade (cultural máis que étnica) e a nesesaria adaptasión ás normas sosiais destes países mesmo na procura de sertas pautas de seghuridade neste mundo traidor: o propio casco dos motoristas, que non é musulmano presisamente, pode significar en casos delictivos un eficás instrumento de ocultasión da identidade, ou non?…

Ningún comentario:

Publicar un comentario