Para evitar que
Cronos, o pai dos deuses, devorase ó seu fillo Zeus, Rea confioulle o coidado
do infante á cabuxa Amaltea, que tiña unha rara mutación anatómica, pois sendo
toda ela cabuxa o rabo era de peixe.
Pero Amaltea aínda
tiña máis cousas marabillosas, pois o leite dos seus tetos saía adubado con
mel, e por se isto fose pouco, polos seus cornos, tal chafariz de fonte,
deitaba néctar e ambrosía, a sustancia de que se alimentan os deuses para ser
inmortais. E así, con tan marabillosos elementos foi criado o fillo de Cronos e
Rea, deus de todos os deuses.
Cóntase que en certa
ocasión caeulle un dos cornos a Amaltea, e quen o atopou encheuno de froitas e
ofreceullo a Zeus como símbolo da abundancia.
Un
día o deus, en gratitude para coa súa ama de cría, por recoñecerlle
as atencións prestadas, colocouna no ceo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario