
Segundo
din algúns mitólogos, a Bona Dea era
a esposa de Fauno, o deus protector dos bosques, aquel que ten pezuños de cabrón,
falo erecto e orellas en punta, cuxa imaxe foi tomada para representar ó demoño
dos cristiáns. E se el era un pouco petellón coas ninfas e doncelas que
atopaba, ela era unha esposa mesurada, cauta e ata casta, cousa que nunha
esposa non queda aló moi ben. Sen embargo, debía ser do agrado do marido, pois
mentres ela ficaba na casa el podía refocilar polos campos.

A outra
versión di que ela era unha filla de Fauno, con quen el quería fornicar, e por
iso a emborrachou con viño, máis, como a pesar diso ela non cedeu ás intencións
do deus, este golpeouna cunha vara de mirto ata que os dous se metamorfosearon
en serpes, e desde entón o mirto foi considerado símbolo do amor
erótico, e por iso o portan Venus e Afrodita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario