luns, 30 de decembro de 2013

Victoria e os Staveney, un relato de Doris Lessing


Por Rosa Benigna Vizcaya

         Atopeime con esta historia no libro de Doris Lessing titulado “As avoas”. Desenrólase en Londres e reflicte dous mundos totalmente opostos: o dos negros africanos que levan unha vida ben dura nas zonas marxinais, comunidade á que pertence Victoria, e o dos brancos ricos, liberais e antirracistas, comprometidos coa causa dos primeiros, os Staveney.

         Cunha narración engaiolante, a autora amósanos a vida da protagonista entre os nove o os trinta anos, que terá unha filla, Mary, cun dos Staveney, e despois de calalo durante seis anos, decatouse de que nas condicións de vida que levaban, a nena non lograría saír do entorno difícil do seu barrio, e sobre todo, non tería acceso a unha boa educación.

          Na familia do pai, Mary foi acollida con entusiasmo por case todos. Mais o seu tío, avogado famoso pola defensa dos dereitos dos negros, teme que os queiran enganar, pero ante as probas de ADN, non lle queda máis remedio que aceptala na familia, eso si, que se dirixa a el polo nome de pía, é moi forte que unha meniña negra lle chame tío: “a vaquiña no seu prezo”.


         É o relato dunha escritora comprometida que non dubida á hora de poñer de manifesto a hipocrisía es os prexuízos que, como un lastre, se agochan detrás da pantalla de solidariedade amosada por certos sectores sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario