Por Pepe de Rocaforte
O meu contacto coa boa música
empezouse a producir tarde, mal e arrastro.

Logo, na radio, tamén escoitaría
outras pezas de altura, a “Danza Ritual del fuego”, do “Amor Brujo”, “En un
mercado persa”, ou o Intermedio de “La
leyenda del beso”. Así puiden saber da existencia dunha música máis “culta” e
saber que había outras cousas á parte de “A saia de Carolina”, “La Conga”, ou o
“Cocidito madrileño”.
Moito tempo máis tarde, escoitando despois
de xantar un programa co título de “Clásicos Populares” en Radio Nacional,
puiden oír por primeira vez as explicacións e as invitacións a escoitar a
chamada música clásica. Dirixía aquel programa un tal Fernando Argenta e da súa
man empezaron a chegar ós meus oídos as “Fugas” e os “Oratorios” de Bach, as
poderosas sinfonías de Beethoven, ou a alegría ingrávida da música de Mozart.

Agora chégame a noticia da súa
morte. Disque marchou coa música á outra parte de onde non se volve. Pero non,
el sigue aquí, na miña cabeza, e se xa non está no mundo dos vivos, deixa con
nós a música con que tantas veces me fixo feliz.
Moitas gracias, Fernando, e que a
Eternidade che sexa leve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario