A árbore de Nadal é unha árbore de luz e fartura, un conxunto simbólico que se popularizou en Europa a partir do século XIX, aínda que a súa
orixe se remonta a épocas precristiáns, cando durante o solsticio de inverno,
nos países nórdicos festexaban a Frey, divindade da fertilidade e polo tanto
asociado ó sol, por iso se adorna con luces, froitos e debe ser de folla
perenne, para representar a permanencia da vida. Daí o uso de pinos e abetos que ademais abundan en folla verde e tupida.
O
cristianismo, segundo parece por medio de san Bonifacio, que andou polas terras
da actual Alemaña entre os séculos VII e VIII, adaptouno á simboloxía cristiá,
colgando das súas ramas unhas mazás que simbolizaban o pecado orixinal e unhas
luces para indicar a luz da verdade. Logo fóronse engadindo outros elementos como
anxos, figuriñas de Papá Noel, as mazás converteronse en simples bólas, engadíronse fitas
de cor e anacos de algodón para simbolizar a neve.
De
todas formas, a árbore de Nadal non chegou a Inglaterra ata principios do século
XIX, e en España instalouse o primeiro no 1870 da man dunha nobre de orixe
ruso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario