Había
na antiga Roma unha deusa que andaba sempre coa vasoira na man, chamada
Deverra, a quen se invocaba en dúas ocasións especiais, unha cando tras a malla
había que separar a palla do gran, para o que se facía uso dunha vasoira ó
tempo que se invocaba á tal divindade. E a outra, era cando nacía un neno, en
que se vasoiraba a casa con intención de expulsar a Silvano, un deus menor que
atormentaba ás recén paridas con malos soños.
Queda
en Galicia, daquela antiga crenza, unha serie de manifestacións, tal a de non
poder vasoirar a casa unha muller grávida en determinados días do ano, días nefastos para as preñadas, ou o costume de vasoirar o entorno do altar de
certas capelas, tal a capela da Virxe da Lanzada, con intención de escorrentar
o mal. E lembrade que unha das proteccións que nos brinda Nosa Señora da
Lanzada e ás mulleres grávidas.
Tamén
se vasoira, o entorno da lareira, para expulsar o mal dunha casa, pero nunca na
noite de Nadal, por se hai a carón do lume a alma dalgún familiar que en tal
noite se acerca para estar coa familia.
E si ben o feito de varrer se interpreta como un escorrentar o mal, tamén existe a crenza de que cando ó varrer a vasoira pasa polos pés dunha moza solteira, esta perde toda posibilidade de casoiro.
E si ben o feito de varrer se interpreta como un escorrentar o mal, tamén existe a crenza de que cando ó varrer a vasoira pasa polos pés dunha moza solteira, esta perde toda posibilidade de casoiro.
E
por último lembramos o costume de limpar, vasoirar e fregar a casa onde houbo
un finado, que sempre se asociou a unha medida profiláctica, pero que ben se
pode asociar con esa crenza de que coa vasoira expulsamos o mal, a enfermidade
ou a morte.
E xa
que de vasoiras falamos, lembramos que, como medida disuasoria para as visitas
que non nos son gratas, está a de poñer a vasoira para arriba (co mango para
abaixo), detrás da porta, o que ó dicir dos entendidos produce certa excitación
no visitante que o obriga a acurtar a súa estancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario