Amor,
amores, amoriños, amorsillos ou putti (mandatruco cos italianos!), amoríos… que
serán, serán? Amores no serán da vida e amores no menser, amores de estudante
(que di o tangho), amoriños primeiros, amor e desamor (que di Raphael estes
dias, plaxiando, sin querer, ao homónimo ghrupo poético), amor con amor se
pagha, amor que vense ao amor, o amor en tempos revoltos, o amor dun antepasado
meu (que escribiu Silaghi), amor de home (nome vulghar daquela pesa da Leyenda del beso)… amor platónico ou
amor “carnal” (outra que tal!)… O amor, esa tan aghradábel enfermidade mental
que afirmam alghúns…
Do
amor vulgharmente chamado platónico (que nada ten que ver co pobre Platón, que
ben lle cheghaba con aturar tal nome), penso que hai, cando menos, duas
variantes, dito así, a lo bestia.
Tendo, ao meu curto entender, como denominador común, que non cristalisa, que
non calla. Está, por unha banda, o amor daquel ou daquela que non se declara,
do que o destinatario ou destinataria non ten idea nin notisia: entre outras
sinrasóns, pode deberse a timidés ou a baixa estima do namorado; mais tamén
pode que vaia dirixido á persoa equivocada, a alghén que está comprometido con,
mesmo namorado doutro ou doutra: entón, en lughar de timidés haberá que falar
de honradés, ata de sensatés. E, por outra parte, temos o amor platónico que si
se manifesta e, ao ser rexeitado polo destinatario ou destinataria, polas
rasóns ou sinrasóns que fosen, fica sin se concretar…
Aí
(tamén no primeiro caso) poden xurdir as máis diversas situasións: desde aquel
ou aquela que gharda ese sentimento selosamente, sin o exteriorisar en
absoluto, ata aqueloutro que o convirte en actividade vital, obsesiva, que
acada o seu clímax no acoso para o outro ou a outra, do que temos tantos
exemplos a diario. Acoso que non é privativo do amor platónico, mais mesmo
daquel amor que xa foi, que deixou de ser por unha das partes, non asetando a
outra a nova situasión de desamor. Isto lévanos a aquilo, maiormente aplicado
aos individuos selosos, de que hai amores que matan.
A
expresión do amor tamén pode levarnos a ese amor baboso que non só non dá
esperado a se manifestar en privado, é que necesita faselo en público, unha
caste de costume exibisionista. Logho temos a lexítima compaxinasión de varios
amores, máis alá de que sempre hai un porriba, muito porriba dos máis (algho como
a polighamia e a poliandría que pratican alghúns asiáticos e africanos): claro
que isto aplicado á muller fainos cóxeghas de desacougho, quen é tan home que
isto suporte na sua dona, nese xeito de liberdade mutua para alternar de
parella… fugasmente, enténdese.
Estar
namorado da tua muller, cun amor verdadeiro (que di a copla hispana) implica
non sentirte atraído por unha ou varias mulleres que pasan ao teu carón? Máis
que de amor, tal ves se trate de puro (ou impuro) instinto básico –aí,
ighualmente, ese amor fica en platónico-; ou atraído por determinadas fighuras
de destaque? (aquí estaríamos falando máis que de amor, de admirasión)… o que
mesmo é dable con xente do mesmo sexo, sin por iso se tratar de tema
homosexual, dado que aí, supostamente, non hai sexo de por medio…
En
que camisa de onse varas me metin, por iso…
Ningún comentario:
Publicar un comentario