sábado, 11 de abril de 2015

Consellos para unha embarazada (II)

Os días non laborais

  
          E non é por quitarlle o traballo das mans ás embarazadas, porque o traballo é saúde, e se se puxo de moda o de facer exercicios preparto, non imos ser nós, que non somos médicos nin nada semellante quen lle retruque ós galenos. Sen embargo, habemos de lembrar que non todos os días son laborais para a muller embarazada, e ademais daqueles que marcados como festivos pola norma xeral, ha de coidarse de non coller a escoba, fragar ou lavar o día dos Santos Inocentes, á fin non hai inocente maior co neno non nato, e todo sexa polo respecto a el. Pero tampouco se poden facer labores domésticos o Martes de Entroido, festa grande para as grávidas, pois tal era a data (máis ou menos) en que os romanos celebraban as Lupercais, as grandes festas da xestación. E se se é da Barbanza, lémbrese a xestante de gardar o día de santo Alberte, que aquí se celebra o luns seguinte ó de Pascua, no monte ribeirense da Conlleira, santo que nesta parte oriental da bisbarra protexe a fertilidade dos campos e anuncia a posibilidade dun futuro matrimonio segundo o ritual das tellas, e de quen xa temos falado neste caderno.
     Asemade, tamén hai labores perigosos, sobre todo o realizalos hai ou se poden facer  nós

Ningún comentario:

Publicar un comentario