Esta pedra, tamén chamada da fortuna, é un
amuleto que se atopa disimulado entre as pedras do interior do forno. A maioría
das veces é un pequeno canto rodado de cor branca, que se mestura coa
cachorería, pero outras é tan só unha pedra distinta do resto. E así, se a estrutura
interna do forno está formada por pedras de gran, como no caso que amosamos,
aparece entre elas unha distinta, unha soa pedra, neste caso de tipo
sedimentario, cunha pequena veta branca claramente diferenciada do resto. Isto
é a pedra da fartura deste forno, o amuleto que axuda a que o pan nunca falte.
Pero aínda hai máis.
Segundo nos contan os propietarios,
cando este forno foi feito, nas terras da Barbanza, trouxeron a un neno (virxe)
louro que se meteu no forno antes de acender o lume nel por primeira vez,
mentres se bendicía a nova construción cunha pola de oliveira do Domingo de Ramos
e a auga bendita do Domingo de Resurrección. Á fin, o forno é o custodio da
fartura de calquera casa.
Como farturento tamén se agarda que sexa Un pombal na Terra Cha
Como farturento tamén se agarda que sexa Un pombal na Terra Cha
Ningún comentario:
Publicar un comentario