Din que certo día, o
fundador desta estirpe galega ía paseando cando viu como un león e unha serpe
alada ou tal vez un dragón, que iso non o aclaran ben as crónicas, pelexaban
feramente, e na tal pelexa levaba o león as de perder, polo que este bo home,
acercándose ós dous contrincantes tomou partido polo león e coa axuda da súa
espada matou á serpe-dragón. E tan agradecido quedou o león que se lle acercou
coma gato manso a sentar ó seu lado, e como mascota levouno sempre consigo e
con el viaxou a Francia, onde llo doou ó rei. Pero o león, non quería pazos
alleos, senón a compaña daquel que o liberou, e daquela fuxiu do real compaña
para seguir ó seu liberador, pero como este tomara un barco para cruzar o mar,
o león quixo seguilo a nado e afogou onde hoxe está o golfo de León.
E esta é a razón de que os
Balboa teñan un león sobre un dragón no seu escudo
Ningún comentario:
Publicar un comentario