mércores, 8 de abril de 2015

Os Moscoso, os feros lobos esfoladores



E por aquilo de seguir cos lobos traemos a este nobre apelido, de xente aguerrida, que chegou á península fuxindo das fames dos países do norte de Europa aló polo século V, e aproveitando a debilidade das fronteiras daquel imperio europeo que se chamaba Roma, ó final acadou carta de asentamento,   demostrando o seu valor en moitas ocasións, tanto no campo de batalla como nos concilios de Toledo.
Os Moscoso deron grandes homes que levaron o seu valor por bandeira, a dicir dos cronistas que deles falan, asegurando  que cando volvían do campo de batalla, viñan tan cubertos de sangue inimiga que semellaban lobos que acabasen de esfolar todo un rabaño, fato ou grea de animais. E daí lle vén o nome que de alcume pasou a honroso apelido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario