Hoxe
deume unha ves máis pola Xeoghrafía… ben se ve que en recuados tempos,
demasiado recuados!, a tal foi materia miña preferida: debeu influir o bo
profesor que tiven a esa altura da adolesensia instituteira, lituano el. E
pensei nas illas divididas entre dous estados, o colmo do absurdo!
Aí
tedes CHIPRE, norte turco, sul ghregho, con relixións por medio, como soe
aconteser… Mais serca, aí está Irlanda norte protestante e IRLANDA sul
católica. En ambos os casos a desproporsión territorial non é para analisar
aquí.
Tamén
podemos falar da illa de SANTO DOMINGHO, partida de vello entre o osidental
Haití fransés que foi e a oriental República Dominicana de orixe español…
aquela que está como está, perante a mesma indiferensia mundial que hoxe
apalpamos co drama mediterráneo.
Se
nos trasladamos ao Lonxano Oriente, sainos ao encontro a illa de TIMOR, coa
independente Timor Leste e o Timor Oeste, a formar unha provinsia de Indonesia.
Outra illa partida na que tamén Indonesia ten ghoberno é NOVA GHINEA Oeste,
pois o Leste forma a independente Papúa-Nova Ghinea… E máis Indonesia temos na
illa de BORNEO, cuxo sul indonesio é, sendo o norte de Malaisia… e un terseiro
“país”, o afamado Brunei… esta illa si que é un mosaico! Seghuro que está no
ghines?
Todo
este ghalimatías houben de consultalo no lughar que todos sabedes, poisque a
miña antigha afisión pola Xeoghrafía non vos cheghaba tan lonxe, enghadindo a
iso que o mapamundi cambiou de ves nestas décadas… e seghirá cambiando… e senon
aí tedes España, que calquer dia cambia o mapa: afeitos estamos a ver a
Portughal, particularmente nos proghramas meteorolóxicos, como un valeiro,
cando non direitamente amputado… imaxinai se nos cortan a Cataluña… moi
desmellorada vai ficar a “pel de touro”!
Fenómeno
curioso foi e seghe sendo tamén o PARALELO 17 (Vietnam) e o máis cotisado
PARALELO 38 (Corea) subsistente, por máis que non se trate de illas… pero, con
todas as reservas, os paralelos liñas case rectas son e por aí empalmamos co
tema anterior.
E xa
que estamos: ben chocante resultan eses límites de tiraliñas laboratórico de
sertos estados de USA: Wyoming, Colorado e Utah no sentro-oeste ou Nuevo México
no sentro-sul… verdadeiros cuadriláteros, todos xuntiños, que é difísil
consebir na realidade paisaxística. Ighual lle pasa á canadiana Saskachewan. E
se non, tirade de mapa e veredes…
Todos
eles trasados artifisialmente porriba dos históricos territorios indíxenas,
outras veses tamén divididos polos estados chamados modernos, pero sin tanta
liña recta, como acontese en todas as terras que foron colonias, tanto nese
continente como, sinaladamente, na África. Sen irmos tan lonxe, e voltando á
“pel de touro”, aí temos línghuas (val disir culturas) divididas entre
Portughal e España e entre España e Fransia… manda chover na Habana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario