Ó
recibir a boa nova de que a nosa amiga Amparo espera ser nai moi pronto, permitímonos
rebuscar na bibliografía máis á man, para aconsellarlle certas cousas que son
imprescindibles para que o futuro ou futura veña con ben. E así, seguindo os
consellos de Taboada Chivite, neste primeiro envite querémoslle recomendar que
non coma lamprea, polbo ou a pasarela do cocho, tampouco será bo para ela os
percebes, as fresas ou a raia para evitar que lle saian ó neno manchas no corpo
que han de lembrar para o resto dos seus días aquilo que comeu súa nai, a
maioría das veces por descoido ó tocarse cos dedos manchados do prebe nalgunha
parte do corpo, e outras puntiños colorados que lembran os amorodos.
Se come coello corre o perigo de que
o neno saia co labio leporino, e se pasa por debaixo dunha corda que o neno naza
coa lingua présa.
E para rematar esta primeira entrada
sobre o tema contareivos dun caso que coñecín, dun señor xa avó que conservaba
nun lado da cara unha mancha escura, e
segundo contaba, viña de canso súa nai, grávida del, facendo o prebe da raia,
mollou o dedo para probala e sen decatarse manchou a fazula nese mesmo sitio
onde a el lle saíu a mancha.
E celebra sempre a muller xestante os días non laborais
E celebra sempre a muller xestante os días non laborais
Ningún comentario:
Publicar un comentario